Máis de 20.000 persoas participarán un ano máis no programa
Coñece a túa provincia que impulsa a Deputación Provincial e que está a ter
unha gran acollida. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, informou hoxe en
rolda de prensa da adxudicación da execución deste programa á empresa Halcón
Viajes, que ofertará un total de 15 rutas por todas as comarcas da provincia.
Cada unha destas rutas terá un prezo de 19,90 euros, pero os
participantes nas viaxes só terán que abonar 10 euros, dado que os 9,90
restantes os achegará a Deputación.
Louzán salientou o éxito deste programa desde a súa posta en
marcha. De feito, o incremento de participantes é constante e se en 2010 foron
10.000 as persoas participantes, en 2011 superáronse as 12.000 e o pasado ano
as 17.000.
Este ano agárdase aínda unha maior demanda, de forma que se
estima que máis de 20.000 persoas van ter ocasión de percorrer distintos puntos
da provincia para coñecer a riqueza paisaxística, monumental e cultural da nosa
provincia.
As asociacións que desexen acollerse a este programa poderán
facelo ata o 20 de xullo, como xa o fixeron o pasado ano un total de 340
colectivos.