A empresa Coronas Galicia ven de presentar a medios de
comunicación, bloggers e convidados ó evento, o último dos seus produtos, o Ron
17 de Maio. O acto, presentado polo xornalista Guillermo Campos, contou coa
intervención de José Antonio Rivera (Chef Rivera), e a actuación de Aída Alonso
(Aíd) interpretando os “Raps de Rosalía”. Ron 17 de Maio é un destilado vello que quere rendir tributo
ás terras do Sar e do Ulla, ó seu bagaxe cultural, literario e patrimonial e á
súa antiga tradición industrial licoreira.
Coronas Galicia
decantouse para a elaboración do Ron 17 de Maio pola fusión de dúas augardentes
de caña seleccionadas procedentes do Caribe; un ron de 8 anos da República Dominicana
con marcados toques a madeira, vainilla e café e outro de 5 cinco anos oriúndo
da Guayana Inglesa. A mestura de ambos destilados en proporción exactas e envellecida
en barricas de roble americano dá como resultado un ron doce, moi aromático e
cos matices propios de cada un dos destilados moi definidos.
“Pensamos que é tempo de por en valor non só os nosos produtos,
senón tamén os valores da terra, da historia, e do noso patrimonio, sexa
literario, etnográfico ou industrial. O Ron 17 de Maio pretende aúnar a
homenaxe ás nosas letras, personificadas na obra e figura de Rosalía de Castro,
co tributo á tradición industrial licoreira da zona, non podemos nin queremos
esquecer que as comarcas do Sar e do Ulla, e en concreto Padrón e Pontecesures,
estiveron fortemente vencelladas ó sector dos destilados dende o século XIX con
firmas como “Novo y Sierra” ou “La Galaica” afirma Rafael Piñeiro, responsable
de Coronas Galicia.
No evento, puidéronse degustar os coctails realizados con
Ron 17 de Maio: Bastavales, composto por espuma de Ron 17 de Maio e menta con
frutas exóticas, Iria Flavia, Mojito de Ron 17 de Maio, Laíño elaborado con Ron
17 de Maio con laranxa, canela e vainilla e Ulla, Caipirinha de Ron 17 de Maio.
A súa elaboración correu por conta da sonense Ana María Martínez gañadora
absoluta da X edición do Campionato Galego de Coctelaría Clásica, alumna del
Centro Superior de Hostelería de Galicia e vencedora do Campeonato Panamericano
de Coctelería Clásica celebrado en Perú o pasado ano.