O sábado 3 de agosto ás 12.00h., terá lugar o acto en que se bautizarán dous castiñeiros cos nomes de Moncho Fernández, adestrador do Blusens Monbus, e Javier Gutiérrez, afamado actor de teatro, cinema e televisión. Asistirán ao acto D. Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Francisco Armando Veiga, alcalde do municipio de Riós, Rubén Riós, responsable del Festival e Rosa Cedrón, intérprete e vocalista galega que recibe na gala do Festival, o premio Castaña de Cristal, pola súa excelente traxectoria musical.
Dentro da oficial Ruta Europea da Castaña créase a “RUTA DO TALENTO” unha iniciativa de Rubén Riós e o Festival das Artes Escénicas que crea un percorrido ao longo de castiñeiros bautizados co nome dalgúns dos maiores protagonistas do mundo cultural en Galicia.
Esta ruta converterase en reclamo turístico para a localidade na que se instaure e ademais terá carácter atemporal. Constitúe unha forte acción de comunicación directa e involucra aos veciños na evolución do festival e as súas actividades. Deste xeito, a iniciativa busca o fomento do desenvolvemento rural en zonas pouco poboadas.
Este ano 2013 inaugúrase a “RUTA DO TALENTO” bautizando dous castiñeiros:
Un deles levará o nome do entrador do Blusens Monbus, Moncho Fernández que foi o condutor do equipo galego na liga ENDESA (ACB) onde logrou manter ao equipo compostelán chegando mesmo a alcanzar os Play-Offs.
O segundo castiñeiro levará o nome do famoso actor Javier Gutiérrez, coñecido por moitos tras actuar en numerosas series de televisión de ámbito nacional. Javier é considerado un dos máis grandes profesionais do mundo da interpretación do noso país e referente, non só do entretemento televisivo, senón tamén do compromiso social cos que máis o necesitan.