A cifra de viaxeiros aloxados nos
establecementos extrahoteleiros galegos durante o mes de xuño de 2013 medrou un
5% a respecto da cifra rexistrada no mesmo mes de 2012. De igual xeito, a cifra
de pernoitas nos cámpings, apartamentos turísticos e casas de turismo rural de
Galicia medrou en conxunto un 4,9% en comparación cos datos rexistrados no
mesmo mes do ano pasado.
De igual xeito, se se teñen en conta os datos
do conxunto da oferta aloxativa –establecementos hoteleiros e extrahoteleiros-
para o mes de xuño, observase unha suba do 8,2% na cifra de viaxeiros aloxados
no conxunto da oferta aloxativa regrada galega así como un ascenso do 1,1% no
número de pernoitas rexistradas en comparación co mesmo período de 2012.
No mes de xuño deste ano, máis de 37.801
viaxeiros aloxáronse en establecementos extrahoteleiros de Galicia e a cifra de
pernoitas acadou as 110.510. De igual modo, máis de 379 mil viaxeiros se
aloxaron no mes de xuño nos establecementos do conxunto da oferta regrada
galega, rexistrando máis de 734 mil pernoitas no mes de xuño.
O turismo nacional no conxunto dos
establecementos extrahoteleiros galegos experimentou neste mes unha suba do
9,1% na cifra de viaxeiros rexistrados e dun 8,6% no número de pernoitas
contabilizadas.
Os cámpings galegos rexistraron neste mes de
xuño unha suba na cifra de viaxeiros do 11,1% e da cifra de noites do 10,8%.
Tanto o mercado nacional como o internacional medraron neste segmento no
tocante á cifra de viaxeiros rexistrados un 12,1% e un 8,2%, respectivamente.
De igual xeito, no segmento dos apartamentos turísticos a cifra de viaxeiros
nacionais e internacionais rexistrados experimentaron unha suba por riba do 13%
a respecto das cifras computadas no mesmo mes do ano pasado.