A directora
de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou os concellos de Bande, Lobios
e Cortegada, onde realizou varias visitas e mantivo reunións de traballo sobre
as potencialidades turísticas destas zonas da provincia de Ourense. e comprometeu o apio do seu departamento àra potenciar o turismo activo, cultural, enoturístico, termal e de natureza da provincia de Ourense.
Acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio
Martínez, realizou unha visita ao xacemento Aquis Querquennis, situado en Bande
e datado nos séculos I e II. O xacemento, localizado preto da vía romana
denominada Vía XVIII, obxecto de obras de acondicionamento sufragadas por
Turismo de Galicia para o acceso á praia fluvial e ao centro de interpretación
de Portoquintela, así como de acondicionamento do espazo expositivo
recentemente.
A Didectora de Turismo de Galicia mantivo unha xuntanza cos rexedores municipais de Lobios,
Lobeira, Bande e Muíños na sede do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés m(qué raro, faltaba o de Entrimo, ¿será doutro partido?) onde abordaron aspectos relacionados coa posta en valor do espazo natural como
recursos turístico para a práctica do turismo activo e de natureza, en
combinación co turismo cultural dada a gran cantidade de elementos patrimoniais
de gran valor artístico que atesoura a zona. A directora de Turismo realizou
tras este encontro unha visita aos restos arqueolóxicos dos Baños de Riocaldo,
situados na contorna do parque.