
Está
previsto que durante o mes de xullo o tren visite dúas veces Compostela. As
dúas saídas previstas do percorrido Itinerario
Camiño de Santiago do Tren Al-Andalus son as seguintes: a primeira delas
partiu de Zaragoza o día 21 e a segunda farao o día 28 de xullo. Os viaxeiros da segunda quenda chegarán a Compostela o día 1
de agosto.
Os viaxeiros
que percorren o traxecto que une Zaragoza e Santiago de Compostela realizan o
Camiño de Santiago viaxando a bordo deste tren turístico de luxo. Inician a
viaxe na capital aragonesa e percorren A Rioxa e Castela-León ata chegar a
territorio galego. En Galicia fan paradas en Ourense, Vedra, Santiago de
Compostela, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Vigo e Pontevedra ata A Coruña.
Esta nova
proposta combina a gran oferta gastronómica de primeiro nivel coa oportunidade
de descubrir paisaxes e de realizar
numerosas actividades relacionadas co turismo cultural.
O tren
consta de sete coches-suite, cinco deles construídos en Francia a finais dos
anos vinte. Os coches-salóns datan de entre 1928 e 1930. Trátase do máis amplo
tren turístico do mundo. Ten capacidade para 64 persoas distribuídas en 32
suites de diferentes tipoloxías.