A Estación Náutica de Baiona, a flote

A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de realizar un investimento de 280.000 na construcción da estación marítima do municipio pontevedrés de Baiona. O novo edificio que se atopa xa en funcionamento para o transporte de pasaxeiros pola ría.

A superficie total da estación marítima é de case 300 metros cadrados construídos. Conta con 3 taquillas, unha zona pública de 17 metros cadrados, cafetería, almacén e aseos adaptados. Así mesmo ten unha rampla de acceso e unha terraza de 40 metros. 

O edificio, cofinanciado con fondos Feder da Unión Europea, consta dunha soa planta, de xeito que se integra con maior facilidade no entorno portuario. Ademais, está forrado en madeira, para acoplarse á estética da fachada marítima de Baiona, na que conviven diferentes usos portuarios como o pesqueiro, náutico recreativo e transporte de pasaxeiros.


Esta obra é unha mostra da aposta da Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Portos de Galicia, polo transporte de ría, como forma de transporte sostible que pode complmentar ao terrestre en usos non só lúdicos, senón tamén profesionais. De feito, o ente público está a impulsar unha rede de estacións marítimas que supoñan o soporte infraestrutural para ampliar o mapa de tráficos de pasaxeiros polas rías galegas.