Salvaterra de Miño despide as festas báquicas do verán en
Galicia. Na localidade miñota arranca hoxe a Festa do
Viño do Condado na que terá lugar, como ven sendo habitual a declaración dos
viños “Deliciosos do Ano”, unha idea orixinal do director fundador de HG&T,
Guillermo Campos.
Logo da cata, que se celebrará o sábado, será o domingo 25
de agosto cando se proclamen os “Deliciosos” de O Condado, o que sucederá logo
do nomeamento dos novos cónfrades da
Confraría do Viño do Condado do tea.
Para pregoar esta edición da Festa do Viño do Condado a
organización elixiu ao xornalista especializado en gastronomía Cristino Álvarez
(Caius Apicius), unha cita tivo prólogo o martes 20 de agosto cunha
conferencia no Castelo de Dona Urraca sobre o viño ecolóxico e o tratamento da viña e o mércores, no mesmo
escenario cunha cata comentada sobre os brancos e tintos desta subzona da D.O.
Rías Baixas.
A inauguración da Festa terá lugar a última hora da tarde, así como a apertura da mostra de viños do Condado do Tea
nas dependencias do Castelo. A cita en Salvaterra compleméntase con actuacións
musicais como o concertó do cantautor berciano Amancio Prada, o sábado,
compartindo cartel con Xoel López. Pechará os festexos o domingo o grupo folk
Can de Palleiro.