O 20% da uva vendimada no ano 2012 na D.O. Rías Baixas, cun total de 17.567.877 quilos, foi recollida en O Condado, que aportou preto de 4.000 toneladas de uvas. Esta subzona é a
segunda das cinco que compoñen a D.O. Rías Baixas -despois do Val do Salnés- en
canto a número de viticultores e superficie vitícola inscrita. Nos últimos dez
anos tivo un incremento que rolda o 20% en canto ao número de viticultores (1.300
en total) e o 35% no que a superficie inscrita se refire (unhas 1.000
hectáreas).
O Condado do Tea caracterízase por
obter viños diferenciados de moi boa calidade, avalados polos distintivos
recibidos en diferentes catas-concurso. Entre eles cabe destacar que, na última
edición da Cata dos viños de Galicia 2013, organizada pola Consellería do Medio
Rural e do Mar en colaboración cos cinco consellos reguladores vinícolas, O Señorío de Rubiós Condado, de Bodegas Cotorredondo, acadou o distintivo de “mellor viño branco de Galicia” e o
“acio de ouro D.O. Rías Baixas” co Señorío de Rubiós Albariño.