O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe
unha resolución da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establece un
período de veda na Ría de Vigo para a captura do choco.A veda queda establecida para esta especie nas zonas máis interiores das rías dende o 20 de agosto ata o 21 de
outubro de 2013.
Esta medida enmárcase no establecido pola Lei
de Pesca en relación coa conservación e xestión dos recursos pesqueiros e
marisqueiros, no sentido de establecer que a política da Administración da
Comunidade Autónoma terá como obxectivo o establecemento e a regulación de
medidas dirixidas á conservación e a explotación responsable, racional e
sustentable dos recursos mariños vivos.