Á caza do xabarín

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas autorizou no que vai de ano un total de 538 batidas de xabaril por control de danos, co fin de reducir as desfeitas que esta especie provoca nos cultivos. Trátase dunha medida de control para paliar os danos producidos por este animal fora da tempada hábil de caza do xabaril.

As cacerías autorizáronse na modalidade de ganchos e esperas. Na seguinte táboa indicase as autorizacións en cada provincia:

Provincia
Ganchos
Esperas
Total
A Coruña
51
72
123
Lugo
52
27
79
Ourense
19
215
234
Pontevedra
26
76
102
Total
538

Á vista das cifras, pode concluírse que administrativamente non hai problemas na tramitación das solicitudes que se están recibindo e a Administración galega non está impoñendo ningunha restrición extra aos cazadores.

A estas operacións, hai que engadir as cacerías realizadas durante as tempadas hábiles de caza. Deste xeito, observase que as capturas foron experimentando un importante aumento cada ano, agás nas tres últimas tempadas cando as cifras se foron estabilizando. Así, desde a tempada 1998/1999, cando se capturaron 3.262 exemplares, ata a última tempada de caza 2012/ 2013 –último período do que se teñen constancia de datos pechados- cando se capturaron 15.119 pezas, o incremento experimentado foi de máis de 11.000 pezas.