Ante o trasalado do Furum Gastronómico a cidade de A Coruña os hostaleiros compostelanos sacan como conclusión que “no futuro debemos traballar conxuntamente todos os actores implicados, para consolidar unha marca gastronómica propia e de excelencia en Santiago e Comarca, potente e con proxección exterior, máis que colaborar con franquicias ou marcas privadas, que se moven exclusivamente por criterios economicistas e empresariais”, algo que no seu momento se expuxo dende a revista HG&T e que foi interpretado entón dende o gremio como un ataque aos seus intereses. O que avisa non é traidor, ¿non sí?.
A patronal hostaleira compostelana precisa ao respecto que “é unha mala nova para a cidade, que perde así unha marca de excelencia
gastronómica que contribuímos a facer entre todos. E tamén é unha mala noticia
para todo o noso sector e especialmente para Hostelería Compostela, un
colectivo empresarial que apostou e colaborou dende principio co Fórum
Gastronómico e que mesmo promoveu e patrocinou todas as edicións anteriores,
contribuíndo a proxectar Santiago e Galicia como un referente gastronómico”.
Hostelería de Compostela asegura que entende a decisión dos
organizadores dende un punto de
vista empresarial, pero “non compartimos
as formas nin o xeito de comunicalo, polo que queremos amosar tamén o noso
malestar por ter que enterarnos polos medios de comunicación desta decisión, e
non por boca dos propios organizadores, cando fomos promotores, impulsores,
colaboradores e patrocinadores deste evento dende o principio, acadando un alto
nivel de implicación por parte do sector profesional e empresarial na
consolidación desta marca en Galicia”, salientan.