A Festa do Marisco pon unha pica en Madrid

O alcalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez, presentou en Madrid a Festa do Marisco, que conta desde este mesmo ano coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional, e que neste ano acada a súa quincuaxésima edición. O alcalde estivo acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e polo cociñeiro do Grupo Nove, Iña ki Bretal, que porotagonizou un show-cooking e unha pequena degustación de mariscos da Ría.

A Festa do Marisco constitúe xa “unha bandeira promocional do concello do Grove e tamén de Galicia como destino gastronómico” porque a través deste evento promociónanse os recursos turísticos do concello pero tamén a gran calidade dos nosos produtos do mar", salientou a filla do ex-alcalde de Ponteareas, Pepe Castro.

Nava Castro resaltou o feito de que O Grove conte cunha importante representación da cociña de vangarda e de alta calidade, “como acreditan a Estrella Michelín e os dous restaurantes con Soles Repsol cos que conta a localidade”. Ademais, incidiu nos distintivos de calidade da cociña galega, dado que 48 dos restaurantes de Galicia contan co distintivo Q de Calidade Turística.