A declaración como Ben de Interese Cultural dosfondos artísticos de Novacaixagalicia e Novagalicia Banco, e o fondo bibliográfico e documental de Novagalicia Banco, permitirá preservar a integridade destas coleccións e garantir o goce das mesmas por parte de todos os galegos. Xa solo faltaba que os especuladores que merquen a entidade bancaria espoliaran o patrimonio dos galegos, algo ao que pasivamente estamos acostumbrados.
A vindeira semana está previsto que Diario Oficial de Galicia publique a incoación dos expedientes destas coleccións. A Xunta de Galicia leva tempo traballando neste trámitede protección, no que se incoarán tres expedientes de forma paralela e independente. A declaración deste patrimonio artístico como ‘coleccións’ garante o seu tratamento conxunto.
O carácter sobranceiro das coleccións recollen un conxunto artístico único pola calidade das obras que a compoñen e o alcance simbólico e representativo da evolución da arte galega dos últimos tempos.