O concurso Santiago(é)Tapas presenta
este venres, 27 de setembro, as bases e máis os prazos de inscrición da súa
sexta edición. Será nun acto que se vai desenvolver no Centro de Formación e
Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela, na Rúa Salvadas, 29-31 baixo.
Na presentación van estar presentes a
concelleira de Turismo, Reyes Leis; os presidentes de Hostelería Compostela,
Jesús Sordo e José Manuel Otero, Andrés Condide, xerente e Germán González,
coodinador da Comisión de Restauración deste colectivo empresarial.