Vila Verde pode convertirse no primeiro concello portugués
con dous eventos co selo de Interesse
para o Turismo, que concede o Instituto Turismo de Portugal. A nova
trascendeu esta mesma mañán na apresentación do programa da Festa das Colheitas
2013, a cargo do representante da
entidade de turismo Porto e Norte. A edición 2013 da Festa das Colheitas, que
se celebrará del 3 e 6 de outubro, na Praça das Comunidades Geminadas (Campo da
Feira) promete ser a máis mediática de todas, con un programa denso e atrativo
e unha organización que aposta “no carisma e na criatividade das suas
iniciativas”.
A associação da Delta Cafés, con unha campaña de divulgación
da imaxen da Festa das Colheitas, através dos sobres de azúcar distribuidos en sete capitais de distrito, e unha
campaña de solidariedade durante o evento, na que a venda do café no quiosco da
marca instalado no recinto da feira revertirá a favor de institucións sociais
locais, así como a retransmisión en direto, o domingo 6 de outubro, do programa
da TVI 'Somos Portugal', son algúns dos argumentos enumerados por parte da
entidade de turismo do Porto e Norte de Portugal para anunciar que a Festa das
Colheitas é candidata ao selo de Evento de Interesse para o Turismo.
A Festa das Colheitas é un canto, unha homenaxe, ao mundo
rural, á agricultura e á horta de calidade, faceta na que os irmáns portugueses
teñen sido, ata o de agora, moito máis sensibles que os galegos, que dimos a
espalda ao agro. Noraboa e sana envexa aos veciños portugueses.