|
Tapa do Café A Chan |
Cotobade, a terra do Cañón de Pau, celebrou este fin de semana a segunda
edición do concurso Cotobade en Tapas. Ao prezo de 1,5 € consumición, nove
establecimientos de hostalería ofreceron diferentes bocados tan xenuinos como a
do Bar a Vosa Taberna de Borela: Pementos da Brea e Costela á Carreta(dous pementos
tipo Padrón colleitados no lugar da Brea recheos de crema de chourizo e queixo azul) e dúas costelas de poco asadas nunha grella sobre unha carretilla, acompañadas de salda de perexil.
Elegante a tapa proposta polo Café A Chan de Carballedo,
consistente nunha brocheta con dúas croquetas, de queixo e de marisco, un tomate cherry e un
pleurotus ostreatus acompañado dunha salsa tártara aromatizada con po de
cogumelos e tosta de pan de allo e perexil.
Os establecementos que participaron nesta segunda edición do
concurso de tapas foron Bodegón Díos e Bar Horvas, de Tenorio; A Eira de Marta,
de Viascón; Restaurante Veiga Mariña, de A Xesteira (Almofrei) Bar a Vosa Taberna,
de Borela; Casa Blanco, de As Lagoas (Rebordelo), Café A Chán e Restaurante
A´Raxadal (Carballedo), e Bar A Carballeira de Famelga.