Festa das Colheitas en Vila Verde

A Festa das Colheitas de Vila Verde, que se celebra do 3 a 6 de outubro, é o expoñente máximo da programación Na Rota das Colheitas, que se estende ata finais de novembro. Este ano, a Festa concentra, en catro densos días, iniciativas cheas de enerxía e carisma, convertendo  este evento nun referente de homenaxe á ruralidade en Portugal e a fertil horta de Vila Verde, Amares e demais municipios do Alto Cádavo. 

Múltiples novidades e e actividades programadas pola organización, que corre a cargo da Cámara Municipal, contribuirán a proxectar aínda máis a Festa das Colheitas de Vila Verde por todo o país e tamén en Galicia. Lembrarlle aos nosos lectores que Vila Verde, a 10 quilómetros de Braga, está a unha hora e dez minutos de Pontevedra.