O Centro de Formación e Cultura Gastronómica
de Hostelería Compostela acolle, Entre as 9 e as 14 horas, o curso de camareiro de bar restaurante,
dirixido a persoas desempregadas, organizado dentro do Pacto Local de Emprego,
en colaboración co Concello. O obxectivo desta acción formativa é a inserción
laboral no sector hostaleiro dos 15 alumnos en situación de desemprego que
participan neste curso de iniciación ao servizo para bar e restaurante.
Entre as 16 e as 20 horas, as aulas deste
centro formativo acollen un curso de cociña de arroces, aberto ao público xeral
e no que os 10 alumnos aprenderán as diferentes técnicas de elaboración e a
utilización de diversos tipos de arroz para a preparación das receitas.