Xenerais do Ulla |
O
Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de para o Entroido dos Xenerais do Ulla de Boqueixón, Teo, Touro, Vedra, Santiagode
Compostela, Vila de Cruces, Silleda e A Estrada. Idéntico marchamo otorgou á
Festa das Pepitas, en Ferrol, e á a Festa da Castaña de Folgoso do Courel.
O Entroido dos Xenerais do Ulla ten referencias documentadas nos anos 70 do século XIX e conta cunha alta
participación. Os personaxes máis relevantes desta
celebración son os xenerais e os correos a cabalo que, acompañados de
abandeirados, coros, comparsas e parrandas, percorren as parroquias da zona e
escenifican diversas escenas. As diferentes parroquias presentan incluso
singularidades e manteñen os seus trazos definitorios. A espectacularidade
deste Entroido tradicional galego logra atraer cada ano a numerosos viaxeiros á
comarca da Ulla na que existen numerosos puntos de interese turístico.
En canto a Festa das Pepitas, en Ferrol, un
importante reclamo para a zona, celébrase na véspera da celebración de
San Xosé. Trátase dunha festa que se vén celebrando desde finais do século XIX
na que os ferroláns e os visitantes homenaxean ás ‘pepitas’ a través de rondallas
e cantigas. Numerosos grupos de Ferrol e a súa comarca, con guitarras e outros
instrumentos musicais e ataviados con capas van rondar baixo os balcóns das casas.
Tamén se celebra un festival no que participan as rondallas da cidade, entre outras
múltiples actividades.
Finalmente, a Festa da Castaña de Folgoso do Courel ten
lugar alternativamenten Folgoso e en Seoane e celébrase a comezos do mes de
novembro desde o ano 1986. As xentes da comarca reúnense neste enclave para
degustar castañas asadas e viño acompañados por actuacións musicais da banda de
gaitas e por outras actuacións e actividades como exposicións de artesanía
rural, celebracións relixiosas ou tamén degustacións de produtos derivados da
castaña ou que teñen as castañas como ingrediente principal.