Os portos deportivos
de titularidade autonómica a través de Portos de Galicia, deberán elaborar en
poñer en marcha candaseu plan de xestión ambiental das instalacións náutico
recreativas. Así o ven de indicar o ente público no Regulamento unificado de
explotación dos peiraos deportivos, aprobado semanas atrás polo Consello da Xunta
e de aplicación en todas as instalación existentes nos 123 portos que xestiona
o ente público.
O regulamento, ao
que deberán adaptarse todos os peiraos afectados nun prazo máximo de 3 anos,
recolle a obriga de elaborar esta folla de ruta para garantir o desenvolvemento
sostible das infraestruturas portuarias. Así mesmo contemplará as obrigas de
protección do entorno e fomento das enerxías renovables, como parte do labor de
conservación do litoral que se impón dende Portos de Galicia.
Entre as directrices
expresas os plans de xestión ambiental dos portos deberán recoller indicacións
respecto á xestión dos recursos, como a enerxía, auga e consumibles. Fará
especial atención ademais á xestión de residuos: urbanos, perigosos e augas
residuais. Deberá establecer un réxime de control da producción de residuos así
como a fórmula de xestión axeitada e específica en cada caso.