Proxecto SENSOQUIN: calidade nos conxelados

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR presentou os resultados do proxecto SENSOQIM, no que ven traballando dende o ano 2010 da man das universidades de Vigo e Santiago cara a mellorar  estudio de determinadas especies pesqueiras conxeladas.

Os responsables desta iniciativa presentaron un adianto da Guía SENSOQIM, unha guía sensorial para materias primas conxeladas cuxos limiares de calidade non están contempladas actualmente no marco lexislativo. Este documento, que servirá de referencia aos distintos axentes implicados na cadea de valor destes produtos, estará dispoñible para o sector a finais do vindeiro mes de marzo.

O traballo desenvolvido no marco deste proxecto poderá servir de axuda, no que a cuestións de calidade se refire, cara a fortalecer os intercambios comerciais, cubrindo así as carencias do marco normativo vixente, que non contempla moitas especies de importancia comercial capturadas por buques conxeladores.


Financiado pola Xunta de Galicia a través do Programa Sectorial de Investigación Aplicada, no proxecto SENSOQIM colaboran, ademais do Centro Tecnolóxico do Mar, o departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo e as facultades de Veterinaria (Campus de Lugo) e Farmacia da Universidade de Santiago.