Rafael Louzán |
O Ministerio de Industria acaba de adxudicar a Price
Waterhouse e Indra, por un importe total de 1,7
millóns €, dous aspectos do proxecto concedido á Deputación de
Pontevedra Smart, destinos turísticos
que convertirá ás Rías Baixas nun dos primeiros destiños turísticos
intelixentes de España.
O importe total do proxecto concedido á Deputación foi de
2,5 millóns, polo que quedan ainda fondos para licitar outros aspectos do
devandito programa.
Según explicou hoxe Louzán en rolda de prensa, as adxudicacións
anteditas suporán “outro peldaño máis na nosa
aposta por un turismo de calidade que reforza a posición das Rías Baixas
na vangarda dos destinos turísticos de España”.
Louzán sinalou que “no 2004, fumos das primeiras
institucións en aprobar o I Plan Director de Turismo Rías Baixas, despois, con
Barcelona, lideramos en España a xestión dos destiños de calidade (SICTED) da
Secretaría Xeral de Turismo e da FEMP, e agora lideramos en Galicia proxectos
pioneiros para facer do Turismo Accesible unha realidade ao alcance de todos”.