Unha das casetas do polbo |
As persoas que acudan a Lugo ao San Froilán 2013, poderán
desfrutar de máis de 150 actividades para todas as idades das que 120 son musicais
e estarán animando as diferentes rúas da cidade, tanto no centro como nos
diferentes barrios. Nembargantes un dos principais atractivo desta festa está
vencellado á gastronomía, co polbo como protagonista.
O programa reforza nesta edición as actividades da rúa con
máis pasarrúas e espectáculos como o de Calaveras e Diablitos, recupera as sesión vermú dous días, o sábado 5 (día de San Froilán) dende as
13:15 co grupo Batital na Praza da Soedade, e o sábado 12 á mesma hora na Praza
Maior coa orquesta Costa Dorada.
O domingo día 6, Domingo das Mozas e Día do Traxe Rexional
Galego, terá lugar a tradicional ofrenda
á Rosalída de Castro, que este ano será a cargo da poeta Olga Novo e no que
tamén participará a cantante Rosa Cedrón interpretando varios poemas para
conmorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Ese mesmo día, nas
rúas do centro, terá lugar a XV Mostra de Música Tradicional na que participan
numerosas asociacións de gaiteiros galegos. Pola noite terá lugar o espectáculo
Cantando a Galicia no que os cantantes Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro,
farán unha homenaxe á verbena popular galega ma Praza de Santa María.
Entre o 4 e o 12 de outubro a cidade tamén acollerá outras
actividades como son a I Feira Turística do Eixo Atlántico “Expocidades” entre
o 3 e o 6, a Feira do Mel o día 6 na Plaza de Abastos ou tamén os días 5 e 6
será a Mostra agrogandeira ExpoLugo no Pazo de Feiras e Congresos.