Sardiña de San Xoán del Acio |
A VI edición do Santiago(é)Tapas celebrarase do 7 ao 24 de
novembro. O certame presentouse esta mañá no Centro de Formación e Cultura
Gastronómica de Hostelería Compostela. Organizado por Hostelería Compostela, co
patrocinio de Turismo de Santiago este concurso que xa é unha cita de
referencia neste tipo de certames.
Ata o 11 de outubro, os establecementos de Santiago poderán
apuntarse ao concurso con ata un máximo de 3 tapas que, nunha fase previa,
pasarán por unha avaliación para asegurar a súa calidade e adaptación aos
parámetros requiridos no certame.
Para o público, o Santiago(é)Tapas repetirá a súa mecánica
habitual, que leva dado tan bos resultado. Os visitantes aos distintos locais
poderán probar as tapas a un prezo único de 2 euros e, selando o seu
tapasporte, optarán a numerosos premios directos ao completar as distintas
(é)tapas e sorteos. O seu pousavaso servirá como papeleta para votar a calidade
do petisco.
O mapa de Santiago volverá dividirse en (é)tapas. As
(é)tapas son os roteiros nos que se agrupan os distintos locais participantes,
segundo criterios de proximidade. En
total, hai seis premios distintos para os distintos establecementos. O xurado
profesional establecerá catro premios, ás tres mellores tapas e unha á mellor
tapa elaborada con conservas.
Pola súa banda, o público, cos seus votos nos pousavasos
depositados nas urnas, será quen escolla a Tapa do Público e o Premio do
Público (é)xcelente ao establecemento máis valorado como experiencia global de
cliente. Ademais, a través da interacción nas redes sociais twitter
@santiagoetapas e facebook.com/santiagoetapas os internautas poderán optar a
ser parte do xurado que decida os petiscos gañadores.