A adega do Ribeiro Pousadoiro, representada polo seu propietario,
Alfredo Fernández Rodríguez, recibiu recentemente o galardón Bacelo de Prata,
outorgado pola asociación Álvaro das Casas, que recoñece non só a calidade do
viño, senón tamén o seu compromiso coa lingua e cultura galegas. Isto
demóstrase coa creación dende fai anos de toda a etiquetaxe das súas botellas
en galego.
Máis de 250 adegas en todo Galicia etiquetan os seus viños
en galego, pero a adega Pousadoiro foi galardoada polo uso da lingua galega na
etiquetaxe dos seus viños branco e tinto en galego, así como na publicidade dos
mesmos dende fai máis de 15 anos.
A entrega de premios tivo lugar recentemente no Pazo dos
Ulloa, en Esposende, momento onde o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel
Ángel Viso, que fixo apoio a estes premios en favor á lingua galega, xa que
Galicia segue a ser o principal mercado para os viños do Ribeiro, aínda que
tamén se estea traballando promocionalmente no resto de España e a nivel
internacional, o mercado máis próximo non se pode esquecer.