Finaciamento para a vendia dirixido a pequenas e medianas adegas

A Xunta de Galicia impulsa unha nova liña de financiamento de ata 20 millóns que aspira a facilitar aos produtores galegos a campaña da colleita da uva. Neste contexto, o Goberno galego, a través do Igape, posibilitará que se avale ás pequenas e medianas adegas da Comunidade para que accedan ao financiamento das entidades financeiras, podendo anticipar os pagos a provedores que se derivan da vendima.

Esta liña de financiamento articúlase a través dun acordo de colaboración entre as Consellerías de Economía e Industria e de Medio Rural e do Mar xunto ás sociedades de garantía recíproca (SGR) e as propias entidades financeiras. O importe desta liña de pagamento a provedores pode acadar os 2 millóns de euros por beneficiario.

Para garantir as operacións, estas contarán cun aval do 20% por parte das sociedades de garantía recíproca que, a súa vez, disporán dun reaval do Igape para cubrir o 25% do risco que asuman. Deste xeito, as adegas galegas obterán o financiamento necesario para atender, en prazo, o pago aos provedores de uva, evitando soportar excesivas cargas financeiras e favorecendo a súa viabilidade económica.


Benefíciase así a un sector estratéxico en Galicia, cun peso moi importante na producción final agraria e articulado fundamentalmente arredor das cinco denominacións de orixe existentes na Comunidade, nas que están implicados máis de 17.000 colleiteiros e preto de 150 adegas cun volume de produción próximo aos 150 millóns de euros.