Galicia en Santarem

Hoxe, 31 de outubro, estase a celebrar no 33º Festival Nacional de Gastronomía de Santarém (Portugal) o día de Galicia, polo que terán lugar diferentes actividades de degustación de produtos galegos e harmonías con viños da D.O. Ribeiro.  Oficia como embaixador de galego Expourense, recinto no que se celebra Xantar, cita gastronómica que tuvo o seu xermen en Pontevedra anos atrás, cando a Alameda pontevesdresa acolleu unha exitosa mostra  das festas gastronómicas da provincia deseñada dende a dirección da revista HG&T.

Voltando a Santarem, o cher italo-ourensano Flavio Morganti está a se protagonista dun showcooking a no que o enólogo Pedro Gil será o encargado de presentar os diferentes viños da D.O. Ribeiro harmonizados con cada un dos pratos elaborados polo cociñeiro. Neste senso introduciranse diferentes perfís de viños da D.O. Ribeiro para degustar varios pratos baseados no pruduto galego de calidade.


Así mesmo, tamén se presentou a Galicia como destino turístico e gastronómico no festival, da man de Expourense xunto coa colaboración da Xunta de Galicia, Inorde, Concello de Ourense e o Consello Regulador da D.O. Ribeiro.