A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domíguez, inaugurou hoxe
o curso 2013-2014 para os alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia.
No acto de apertura do novo ano académico estiveron presentes, tamén, a
vicepresidenta de Responsabilidade Social Corporativa de NH Hoteles, Marta
Martín; o vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador da
Universidade de Santiago de Compostela, Jesús López Romalde, e mais a directora
do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Patricia Cuevas. Preto de 2.000 profesionais saíron xa deste centro e, dos 450 que hoxe inician o novo curso, proceden doutros países o 11,8% dos alumnos.
Ao longo destes anos de andaina, o CSHG ten acadado un importante prestixio académico, ao formar ós alumnos cunha
metodoloxía que integra en cada curso as ensinanzas teóricas con prácticas que os alumnos realizan en establecementos hotaleiros de
máis de 30 países e que contribúen a incrementar a súa formación así como a
capacidade de internacionalización.
Por terceiro ano consecutivo o CSHG imparte o Título Europeo en Dirección Hoteleira Internacional
grazas a un acordo de colaboración coa Universidade de Brighton, L’École de Savignac
e o propoio CSHG. Por outra banda, esta mesma semana concluíra a segunda edición do International Master in Hospitality and
Tourism Management 2013-2014, que se celebrou no centro e que rexistrou un
gran número de alumnos procedentes de Francia, China, Romanía, Turquía o Bélxica
que tiveron ocasión de aprender como se xestiona un restaurante e de deseñar un
plan de negocio para levalo á práctica.