Viño Bus tamén en O Ribeiro

O próximo sábado día 5 de outubro comezará a funcionar o Viño Bus da Ruta do viño do Ribeiro e o seguirá facendo durante os días 6,12,13,19 e 20. Percorrerá diferentes Rutas durante os días nos que estea activo: a Ruta do Avia, a Ruta do Miño e a Ruta Termal. Os horarios de saída son, ás 16:30 os sábados e as 11:30 os domingos, dende a fachada do Castelo dos Sarmiento en Ribadavia.

Durante o percorrido panorámico se introducirán aspectos relevantes da historia, o patrimonio e a cultura vitícola do territorio da man dunha guía turística especializada. Ao final de cada ruta os visitantes poderán participar nun Túnel do Viño, onde poderán degustar os diferentes viños das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro.

Paralelamente a Ruta do Viño do Ribeiro propón aos turistas a implicación activa na vendima. Adegas adscritas á Ruta acollerán grupos de visitantes que desexen participar na recolección da uva, e coñecer en primeira persoa todo o proceso de elaboración dos viños dunha das Denominacións de Orixe máis antigas de España. Ao final da xornada de Vendima se lles ofrecerá un xantar con produtos da gastronomía tradicional.


O programa Tempo de Vendima está apoiado pola Axencia de Turismo de Galicia a través do Convenio que as diferentes Rutas do Viño de Galicia asinaron con esta entidade para a promoción do Enoturismo.