Xoguetes para unha vida máis doce

“Fai a súa vida un pouco máis doce” é unha campaña de recollida de xoguetes para os nenos sen recursos, promovida pola IXP Mel de Galicia, que fai un chamamento solidario para que este Nadal ningún cativo galego quede sen xoguetes. “Como ben sabedes o xogo é un dos principais elementos na aprendizaxe dos nenos posto que potencia o traballo en equipo, a creatividade, a imaxinación e o coñecemento natural do entorno. Aprender a xogar é un dos principais dereitos dos cativos, e por suposto tamén daqueles con escasos recursos económicos”, argumentan dende a IXP.

Esta campaña levarese a cabo en colexios de Galicia que terán ata o 5 de decembro para xuntar os xoguetes e despois pasarán a recollelos os axudantes dos Reis Magos  (Mel de Galicia); no Centro Comercial As Cancelas de Santiago tamén se poden acehegar  os xoguetes onde ademáis os doantes poderán participar nun obradoiro profesional de packaging aberto a todos los públicos no que se envolverán de ilusión e esperanza os agasallos para posteriormente facer entrega aos axudantes das súas Maxestades de Oriente (Cáritas Galicia). Tamén, a propia Sede do Consello Regulador (Pazo de Quián s/n, Sergude. 15881 Boqueixón, A Coruña) erá un punto de recollida de xoguetes, onde o prazo para face los chegar remataría o once do doce.