
Trala presentación do anteproxecto ao
Concello de Santiago e á cooperativa da Praza de Abastos, Hostelería Compostela
vai comunicar este vindeiro luns aos seus asociados a súa proposta para a
xestión da nave 5 da Praza de Abastos de Santiago, cun proxecto gastronómico
baseado no produto do mercado e pensado para a dinamización de Compostela a
nivel turístico, hostaleiro, comercial e cultural, contribuíndo tamén a
proxectar e consolidar Santiago como destino de turismo gastronómico nacional e
internacional.