O C.R.D.O.
Ribeiro e os seus viños chegan á cidade da Coruña para celebrar unha nova
edición da campaña Ribeiro de Copas, que foi presentada esta mañá en De Market
Vinoteca polo presidente do Consello Regulador, Miguel Ángel Viso.
Dende hoxe e
ata o 5 de xaneiro, un total de 12 destacados establecementos da cidade ofrecerán
unha ampla gama de viños de 15 adegas da Denominación de Orixe Ribeiro para
degustar en copa ou botella, e todos os clientes que gocen con eles
participarán en promocións especiais.
Outros
atractivos para os clientes serán os agasallos directos ou os sorteos de
estancias de turismo na Ruta do Viño do Ribeiro, cunha completa fin de semana
chea de actividades en torno aos viños e a oferta lúdica ribeirá
A listaxe de establecementos coruñeses
que serán escenario do Ribeiro de Copas 2013 fórmana O’ Delito, Celeiro, Alma
Negra, Tapa Negra, De María, Vinoteca Jaleo, Culuca, De Market Vinoteca, O
Cabo, O Lagar de José, Taberna O’Secreto e O Secreto and Hemingway. Neles, os
consumidores poderán descubrir unha ampla gama de viños e elaboracións da
Denominación.
As adegas participantes son Nairoa, Viña
da Cal, Casal de Armán, Pazo Casanova, Coto de Gomariz, Cuñas Davia, Bodegas
Alanís, Bodegas O’ Ventosela, Terra do Castelo, Francisco Fernández, Bodegas
Val de Souto, Genus de Vinum, Vilerma, Colección Costeira e Viña Mein.
Nas xornadas de
xoves a sábado, un grupo de sumilleres convidados achegaranse aos distintos
locais para introducir aos consumidores nos diferentes viños. Unha das súas
funcións será espertar a curiosidade e descubrir novas marcas e novos matices
nos viños da Denominación de Orixe.