Marisol Bueno |
O secretario xeral do Medio Rural e Montes,
Tomás Fernández Couto, destacou esta tarde o esforzo e traballo dos adegueiros
galegos na promoción dos nosos caldos, tanto a nivel nacional coma
internacional. Así o sinalou no marco do Congreso de viños Enofusión, durante a entrega dos premios “Recoñecemento 2014 a
impulsores do viño D. Luis Hidalgo” e “Enofusión coa innovación” que foron
parar a Marisol Bueno e Rafael Palacios, respectivamente.
Álvaro Palacios |
Marisol Bueno recibiu o
galardón polo seu impulso á Denominación de Orixe Rías Baixas durante a súa
etapa como presidenta e o traballo realizado na súa adega Pazo de Señoráns.
Pola súa parte, Rafael Palacios foi recoñecido polo seu traballo a favor dos
viños brancos españois coa súa adega da D.O. Valdeorras, onde conseguiu un
mellor posicionamento dos viños brancos e un maior coñecemento e demanda dos
mesmos.
O Congreso de viños Enofusión foi creado hai catro anos para garantir o protagonismo
dos viños españois dentro do certame Madrid Fusión, consolidándose como área de
referencia onde se levan a cabo distintos eventos e actividades en torno a
estes caldos.