Mañá
venres, ás 11 da mañá, os 15 primeiros establecementos hostaleiros que
contribúen á conservación da Catedral, a través das súas aportacións ao Plan de
Mecenazgo, froito do convenio de colaboración asinado entre Hostelería
Compostela e a Fundación Catedral, van colocar os autocolantes que os
distinguen como colaboradores da Catedral de Santiago.
O punto de encontro será no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela (rúa
Salvadas, 29-31) ás 11 horas, dende onde imos facer un pequeno percorrido por
algúns dos establecementos colaboradores, onde van colocar os autocolantes como
primeiros socios colaboradores da Catedral de Santiago.