O vídeo corporativo do C.R.D.O. Ribeiro, que remata coas
palabras “Ribeiro, a alma dun pobo, Esencia Galega” levou o galardón de “Mellor
Vídeo Corporativo” na gala CREASturias 2014 convocada pola Asociación de
Axencias de Publicidade do Principado de Asturias.
A creatividade asturiana tivo anoite a súa cita anual. O
Palacio de Congresos de Gijón acolleu a gala CREAsturias 2014, convocada pola
Asociación de Axencias de Publicidade do Principado de Asturias, onde se
premiaron os mellores traballos publicitarios do ano.
O vídeo do C.R.D.O. Ribeiro, cuxo obxectivo principal é
promocionar a imaxe e amosar as cualidades da Denominación de Orixe máis antiga
de Galicia, realizouno a axencia de comunicación Neozink, afincada en Oviedo. O vídeo pódse ver no enlace http://www.youtube.com/watch?v=8gw_GGt0ugo