Santiago, inal do Camiño da Volta Ciclista a España 2014

Santiago acolleu hoxe a presentación da etapa final da 69 Edición da Volta Ciclista a España, que re3matará na capital compostelana. O nome promocional desta edición é  La Vuelta’14. Provincia de Cádiz-Santiago de Compostela. El Final del Camino.

O día 14 de setembro terá lugar na capital galega a contrarreloxo individual. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, a etapa 21 da Volta percorrerá 10 quilómetros e a Praza do Obradoiro será o destino final da competición. Nava Castro sinalou que a última vez que a Volta rematou fóra de Madrid foi no ano 1993, Ano Santo, e tamén Santiago foi a cidade meta para o podium ao que se subiu Toni Rominger.

Santiago foi punto de saída da competición en 4 ocasións e nunha ocasión máis foi saída dunha contrarreloxo individual de 7 km que gañou o francés Marc Gómez. Ao día seguinte disputáronse dous sectores de 97 km. Santiago foi meta dunha etapa da Volta en 4 ocasións, na última delas en 2007, o gañador foi Óscar Freire. A última vez que a Volta pasou por Santiago foi no pasado ano 2013.


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que o feito de que Santiago de Compostela sexa neste 2014 “o Final do Camiño da Volta Ciclista” supón “toda unha oportunidade para Galicia e para a súa capital. A Volta Ciclista é un evento de primeiro nivel que agardamos repercuta moi positivamente na imaxe do destino, e que un ano máis sexa todo un éxito”.