A cita cos irmáns Quijano será o domingo 9 de marzo ás
20.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire no que presentarán o seu novo
traballo Orígenes: El Bolero volumen 2
e que as poucas semanas do seu lanzamento xa era disco de platino e situouse
como número 1 en ventas en iTunes.
Este concerto en Lugo están enmarcado dentro
da xira de promoción deste último traballo que os levan a dar máis de 50 concertos
por diferentes puntos da xeografía española. Durante o concerto van a
interpretar un repertorio de boleros totalmente inédito e con todas as cancións
orixinais e compostas por Manuel Quijano.
As entradas están a venda na web de Novagalicia Banco ou
no 902 43 44 43, e o mesmo día do concerto tamén se venderán na taquilla do
Auditorio.