A directora
de Turismo de Galicia, Nava Castro e mais o xerente da S.A. de Xestión
do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela recibiron en Santiago de Compostela ao
presidente honorario da Asociación I Cammini di Francesco, Monseñor Agostino
Marchetto; ao secretario xeral da asociación Fabrizio Nevola e mais o
presidente da mesma Giorgio Piccirillo no marco dos actos conmemorativos do
VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. No
encontro estiveron acompañados tamén polo deán da Catedral de Santiago, Segundo
Pérez.
A
Asociación I Cammini di Francesco ten por obxectivo difundir o legado artístico
e cultural asociado á figura de San Francisco de Asís, así como obter a
declaración de Itinerario Cultural Europeo para o Camiño de San Francisco. Polo
de agora, só dous itinerarios de peregrinación contan con este recoñecemento: O
Camiño de Santiago e a Vía Francigena.
A
asociación realiza accións encamiñadas a promoción do Camiño de Francesco ao
tempo que traballa pola conservación dos lugares artísticos e de culto ligados
á tradición franciscana, polo estudo e recuperación dos mesmos e pola promoción
da cultura e a arte vinculada ao turismo relixioso.