A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa
Quintana, anunciou a próxima posta en marcha, a petición do sector, dunha
liña de axudas para implantar ou mellorar os sistemas de trazabilidade na produción
hortofrutícola. Este apoio permitirá ao sector avanzar no seu desenvolvemento e
mellorar a súa comercialización, segundo indicou a conselleira. Rosa Quintana
presidiu na Cidade da Cultura a inauguración da VIII edición da exposición Arco
Verde, dedicada á planta ornamental.
Neste acto, a conselleira indicou que este é
un sector de gran importancia para o noso medio rural, xa que Galicia é unha
verdadeira potencia en planta ornamental. Así o certifican –sinalou– os 130
viveiros de planta ornamental existentes na nosa Comunidade, cunha superficie
de cultivo que rolda as 900 hectáreas e 7 hectáreas de media por cultivo.
A conselleira puxo tamén de manifesto que este
sector xera unha man de obra directa de uns 1.690 empregados, sendo o que
presenta o maior ratio de empregados por ha (1,8) do total de sectores do medio
rural.