
Nesta
feira, que se desenvolverá no Parque Nacional de Monfragüe, Turismo de Galicia
instalará un recinto de nove metros cadrados co obxecto de poñer en valor o
patrimonio natural de Galicia e a súa riqueza ornitolóxica.
Neste eido,
Turismo de Galicia ten desenvolvido a ornitoloxía como produto turístico galego
e así, editou un folleto cos dez lugares máis importantes da Comunidade Autónoma
para o albiscamento de aves, tanto na costa como no interior: a ría de
Ortigueira e Cariño, Estaca de Bares e a ría do Barqueiro, a ZEPA da Limia, Oímbra,
Monterrei e Verín; a serra da Enciña da Lastra, a Costa da Morte, Montes de
Cervantes (Os Ancares), os Humidais da Terra Chá e a Ribeira Sacra.
Por outra
parte, Turismo de Galicia estará presente tamén en Madrid, dende hoxe ata o día
1 de marzo, na xuntanza de traballo relacionada co Turismo de reunións Meetings Space Spring, organizada para a
promoción desta modalidade turística nas distintas comunidades autónomas
españolas.
Durante
estes tres días, Turismo de Galicia manterá xuntanzas de traballo con provedores
e destinos turísticos europeos ao obxecto de promover as posibilidades que
ofrece a Comunidade galega para a organización de congresos, xuntanzas de
empresa ou viaxes de incentivo.