Valença-Tui, Eurocidade deportiva e saudable

A Eurocidade Valença Tui programou un ambicioso calendario de 14 eventos deportivos para este ano cunha previsión da participación duns 4.500 atletas portugueses e españoles. Trátase dun reforzamento da aposta das dúas cidades e das associaçións deportivas na consolidación do proxecto da Eurocidade.

Valença e Tui posúen hoxe unha salientable  actividade deportiva froito dunha renovada dinámica asociativa, transversal ás máis diversas modalidades, que está a cautivar a un número importante de valencianos e tudenses.

Programa Deportivo Eurocidade 2014:
9 de marzo: 1º Campionato de Danza da Eurocidade
30 de marzo: 3º Eurocidade BTT
1 a 4 de Maio: 1º Torneo de Ténis da Eurocidade
17 e 18 de Maio: 4º Torneio de Futbol Xuvenil
8 de xuño: 3ª Eurocidade 10 de atletismo
5 de xullo: 4ª Travesía a Nado da Eurocidade
19 de xullo: 2º Cuadrathlon da Eurocidade
Agosto: IIº Trofeo Ibérico de Balomán
3 de Agosto: Campeinato Ibérico de Triatlón
Outubro - Liga de Futbol Sala
8 e 9 de novembro: 1º Rally da Eurocidade
30 de novembro: 1º Cross da Eurocidade
Decembro: Campionato de  Kung – Fu


O programa deportivo da Eurocidade conta co apoio da Xunta de Galicia, através do Plan Galicia Saudable e da Unión Europea através do programa de fondos europeos POPTEC.