
Das empresas coexpositoras, 23 estarán na sección de
“Intervin”, dedicada ao viño; 7 terán presenza na sección “Intercarn” (produtos
cárnicos); outras 7 no salón “Interlact”, dedicado aos lácteos e por último
outras 23 empresas do sector do mar terán cabida no seu espazo específico
dentro de Alimentaria, “Interpesca”.
Alimentaria está considerada como unha das feiras máis
importantes do mundo na súa especialidade. Na última edición contou coa
presenza de 3.800 empresas expositoras, 140.000 visitantes e 95.000 metros
cadrados de superficie expositiva. O certame está estruturado nun total de 14
salóns específicos.
A feiia congrega este ano a 140.000 profesionais e a
3.800 empresas expositoras na súa vixésima edición e estímase que se realizarán
8.000 encontros de negocio. Os organizadores calculan que deixará na ciudade de Barcelona e na súa área metropolitana uns 170 millones de euros