Turismo presentou a campaña turística para este 2014. A nova campaña é complementaria da que leva por título
‘Galicia, o bo camiño’, que alcanzara 468 millóns de contactos publicitarios. A directora de Turismo de Galicia explicou que a
creatividade da nova campaña ten un novo slogan en versión castelán: “Si te han recomendado Galicia es que te
quieren” e en galego “Á xente que
quero, recoméndolle Galicia”.
A campaña divídese en tres fases e desenvolverase ao longo do ano a
través dunha estratéxica combinación de soportes e accións on e off line a nivel autonómico, nacional e internacional. Como
medios de comunicación complementarios para a difusión desta campaña cóntase cos
suplementos dominicais e outros para públicos específicos, e serán medios tácticos
de campaña a prensa escrita, a radio, as revistas e a publicidade exterior.
A campaña divídese en tres olas ou fases. Desde hoxe ata o día 16 de
abril desenvolverase a ola de Semana Santa, co obxectivo de incentivar as
visitas cara a Galicia na contorna máis inmediata. Neste caso empregaranse os
principais suplementos dominicais e específicos, prensa escrita, radio e
internet.
Entre os
días 21 e 30 de maio, buscaranse as visitas do público nacional cara ás pontes
de maio, dirixindo a presión publicitaria a toda España con reforzo no mercado
nacional en suplementos, prensa, radio e internet. Xa para a época estival,
entre as primeiras datas do mes de xuño e o 15 de xullo, buscaranse as estadías
longas na nosa comunidade autónoma.