O Plan de inspección turística 2014 establece seis liñas
estratéxicas e cinco áreas de especial actuación que se dividen en ámbitos
concretos relacionados co especial seguimento, co cumprimento da normativa ou
coa defensa dos dereitos dos usuarios turísticos. Este plan é unha das accións
para impulsar enmarcada na liña estratéxica relacionada co consenso e a
cooperación entre o sector público e privado do Plan integral de turismo de
Galicia 2014-2016.
O Camiño de Santiago será obxecto dun seguimento específico,
así como as sete grandes cidades, as zonas costeiras, as comarcas e os
concellos turísticos de interior ou a Ribeira Sacra. Este plan ten como
finalidade primordial protexer as persoas empresarias turísticas, así como as
persoas usuarias turísticas, da intrusión profesional e mellorar a calidade do
servizo.
As liñas de actuación se concretan nos seguintes ámbitos: O relacionado
co cumprimento da normativa turística e co correcto funcionamento das
actividades e servizos turísticos é a primeira liña estratéxica deste plan; O
especial seguimento do Camiño de Santiago; As actuacións para evitar as
actividades e os servizos turísticos clandestinos.; Neste plan tamén se recolle
un eixe relacionado coa verificación do cumprimento da finalidade de fondos
públicos en materia turística mediante as axudas; A defensa dos dereitos das
persoas usuarias turísticas; A información e asesoramento dos dereitos e
obrigas das persoas empresarias.