A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro
Domínguez, participou esta mañá no Centro Vacacional da Lanzada no acto de
entrega do material de accesibilidade dos recursos turísticos. Turismo de
Galicia e mais a Deputación de Pontevedra colaboran para adaptar os areais ás
necesidades das persoas con mobilidade reducida. Así, a directora de Turismo de
Galicia, Nava Castro e mais o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael
Louzán realizaron a entrega de 390 pasareas, 2 cadeiras anfibias e 6 zonas de
sombra para as praias de Bamio-Campanario, O Bao/Camaxe, A Lanzadda, Area da
Cruz, Baltar, Silgar e Canelas.
No acto estiveron
presentes tamén o alcalde do Grove, o alcalde da Illa de Arousa, o concelleiro
de Servizos Xerais e Medioambiente de Sanxenxo e o concelleiro de Medioambiente
e Servizos de Vilagarcía de Arousa.
O material supuxo un
investimento de 56.056 euros. Esta adquisición inclúese nun convenio máis amplo
que comprende ademais traballos de eliminación de barreiras de acceso en
edificios e espazos de interese turístico cuxo investimento supera os 300 mil
euros.