A Axencia Turismo de Galicia participará
na XIII edición do Salón Internacional de Turismo de Cataluña (SITC), que se
celebrará no recinto da Fira de Barcelona en 0 4 e o 6 de abril.Turismo de
Galicia contará cun recinto de deseño de 112 metros cadrados, a través do que se difundirá a oferta
turística xeral da comunidade galega.
O SITC é
unha das plataformas máis importantes da oferta e dos servizos turísticos no
ámbito nacional e, polo tanto, constitúese como un importante reforzo para a
promoción do turismo galego en Cataluña por ser este un dos principais mercados
para Galicia dentro de España.
Por outra banda, Turismo de
Galicia promocionou op destino estes días en Polonia, no marco dunhas xornadas de
comercialización dirixidas ao público final e aos operadores turísticos máis
importantes do sur de Polonia. A actividade levouse a cabo este fin de semana nun recinto de promoción instalado no
principal centro comercial da cidade de Cracovia.