Galicia meleira

Galicia conta con 3.738 explotacións apícolas o que a convirte n a segunda comunidade autónoma española en número de produtores, despois de Castela e León e á par de Andalucía. Amedia de colmeas por explotación é de 28, a produción anual de mel supera as 1.200 toneladas e a de cera é de preto de 60 toneladas.

Galicia, por outra parte, reúne unhas condicións xeo-climáticas axeitadas para facilitar o desenvolvemento e mellora deste sector, debido á abundancia de flora melífera e á existencia da abella ibérica, unha subespecie de gran vigor.

O sector apícola posúe un dos mellores modelos de produción sostible, supoñendo un beneficio nos eidos social, económico e ambiental, xa que contribúe á fixación da poboación no medio rural e ademais é unha produción totalmente respectuosa co medio.


Estes datos floron aportados pola directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, no marco das Xornadas técnicas de apicultura celebradas co gallo da XXVI Feira Apícola Rías Baixas - Bee Happy Market, celebrada no Porriño.