Non máis impostos ao viño

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, rexeitou a a posibilidade de implantar un  novo imposto sobre o consumo do viño e así lle foi trasladado ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, segín dixo no Parlamento de Galicia. Fernández-Couto confía na predisposición amosada polo ministro Arias Cañete en que non se implante dito xuro, xa que esta medida afectaría ás comarcas galegas nas que a viticultura é unha actividade económica fundamental.

O secretario xeral sinalou que todo o que sexa incrementar o custe do produto é negativo para a comercialización, tanto no mercado interior como na exportación. Así, remarcou o traballo e apoio constante por parte da Xunta a un sector básico e fundamental da nosa economía.


Por outra banda, a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, volveu a reiterar o apoio da Consellería ás razas autóctonas, resolvendo a derradeira orde de renovación de compromiso dos beneficiarios -por concorrencia competitiva- dotada con preto de 600.000 euros. Neste senso, Patricia Ulloa sinalou que se manteñen todas as restantes liñas de axudas existentes para estas razas, que se traducen en convenios coas asociacións xestoras dos libros xenealóxicos e axudas agroambientais enmarcadas no Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia.