O Concurso Internacional de Viños de Bruxelas podería celebrarse en Pontevedra

A Deputación de Pontevedra promove o vindeiro fin de semana a visita dun grupo de técnicos da Unión Europea de cara a organizar o Concurso Internacional do Viño na provincia. Este prestixioso concurso internacional foi creado en 1994 co nome de Concurso Mundial de Bruselas. A súa primeira edición tivo lugar na cidade belga de Brujas.

Actualmente conquireu fama e recoñecemento internacional de xeito que é o equivalente a un Campeonato Mundial de cata no que compiten 8.000 viños de máis de 40 nacionalidades, que representan a máis de 500 millóns de botellas comercializadas.

Dende 2006 -ainda que conserva a súa alusión a Bruselas na súa denominación- celebrou as súas edicións en Lisboa, Maastricht, Burdeos, Valencia, Palermo, Luxemburgo, Guimaraes e Bratislava.


O xurado do Concurso Internacional de Bruselas, que está reconocido a nivel internacional como un dos concursos máis prestixiosos do sector, está formado únicamente por profesionais do sector do viño. En concreto, catadores, enxeñeiros, enólogos, xornalistas e escritores, compradores e operadores internacionais, sumilleres e expertos reconocidos no mundo vitivinícola.  A edición deste ano terá lugar en Bruselas do 2 ao 4 de maio.